Como soa na miña lingua?

novembro 19, 2019



O Centro de Estudos Galegos da Universidade Sorbonne Nouvelle-París 3 ten o pracer de convidarvos ó evento Como soa na miña lingua?, que terá lugar o xoves 28 de novembro, ás 15:45, na aula 436 da mesma Universidade.

Co fin de informar sobre a situación da lingua galega no mundo editorial, organizaranse varias conferencias, faladoiros ou obradoiros que versarán sobre o tema. A primeira actividade que se realizará será un faladoiro que leva por título: Editamos en galego? .
Este faladoiro estará dirixido por Estela Villa Nogueira, tradutora da editorial galega Rinoceronte (Cangas) e secretaria da ATG (Asociación de tradutores galegos).

Esta actividade é gratuíta e está destinada a todas aquelas persoas que estean interesadas no panorama editorial de Galicia, vinculadas ou non coa Universidade Sorbonne Nouvelle.
Os participantes terán a oportunidade de poder preguntar a unha tradutora afincada na localidade de Cangas (Pontevedra) sobre a situación actual das editoriais galegas.

É importante coñecer o número de persoas que teñen a intención de asistir, polo que podedes enviar o voso nome e intención a través do correo electrónico a: cegaparis@gmail.com .

Animámosvos a participar!




  • Share:

Tamén podes ver...

0 comentarios