Xogo de escape "Busca no museo. A lenda perdida do Museo de Galicia" |
Hoxe é o Día Internacional dos Museos! Para celebralo, desde o Centro de Estudos Galegos, fixémosvos un xogo de escape, en colaboración cos museos do Castro de Viladonga, das Belas Artes da Coruña e da Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán.
Nota: O xogo é válido para teléfono e ordenador. Mais recomendámosvos xogar desde o ordenador, xa que algúns dos elementos interactivos poden non funcionar correctamente nos teléfonos.
A historia:
Unha grabadora coa narración dunha lenda galega vén de desaparecer do ficticio Museo de Galicia.
A misión:
Adentrarse no museo e chegar á sala de control para activar o dispositivo de localización da grabadora que permita recuperala. Para iso, deberedes resolver os enigmas das súas tres salas da exposición permanente (cada unha delas basada na dun museo galego).
Se prefires ir preparada/o, podes estudar a "Guía do museo" (ficticio)
Preparados/as para o desafío?
0 comentarios