Ola a todxs!
Quizais sexa a miña última entrada neste blog que creei alá polo 2019 para que todos vós tivésedes un sitio que vos complementase co material das clases de galego, ademais da plataforma da Universidade, i-Campus.
A miña etapa no Centro de Estudos Galegos de París remata, pero déixovos en boas mans.
Comunícovos que xa tedes dispoñible en i-Campus o material básico relacionado cos saúdos, os adxectivos determinativos, os pronomes e os verbos; así como algunhas seccións de cultura galega, de curiosidades e de modelos de exames e, por último, tedes tamén unha wiki con recursos para aprender galego nesta era dixital.
Se tedes algún problema en acceder ao espazo i-Campus, por favor, contactade comigo a través do meu correo persoal ou a través de: cegaparis@gmail.com.
E, para todo o alumnado que pasou polos nosos cursos, sabedes que podedes contactar conmigo sempre que queirades informarvos sobre a lingua, a literatura e a cultura galegas.
Espero que aprendades moito neste novo curso 2021-2021 e que olledes Galicia dun modo distinto!
Galicia ten moito que ofrecer!
Apertas!
#aprendendogalego #engalego
.
.
.
Ariana PEITEADO ALONSO
0 comentarios