Día das Letras Galegas

maio 17, 2020


Hoxe, día 17 de maio de 2020, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Que é? Pois un día dedicado á nosa literatura e á nosa lingua. Cada ano recordamos a un escritor ou a unha escritora importante da nosa historia literaria. 
Este ano é  RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO, profesor e catedrático que contribuíu á cultura galega do século XX.
Para coñecer un pouco máis da súa obra, tedes esta ficha coa súa biografía e unhas preguntas para comprobar o lido. Podedes descargala no botón de abaixo.




Se queredes saber máis sobre a historia do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, podedes vela no seguinte enlace: https://academia.gal/letras-historia. E se queredes coñecer máis sobre a vida de CARBALLO CALERO, tedes máis información aquí: http://primaveradasletras.gal/.
¡FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! 

#DíadasLetrasGalegas #EuFaloGalego #aculturasegue


  • Share:

Tamén podes ver...

0 comentarios