Volvemos á clase!

setembro 22, 2021


Comezamos outro curso máis! E, despois do ano anterior, temos moitas ganas de vernos en presencial!

A nosa primeira clase de galego será este xoves 23 de setembro no Campus Censier (Nation terá que agardar un pouco máis).

Os horarios dependerán segundo o nivel:

- Para o alumnado de GALEGO 1: todos os xoves de 14:00 a 15:30. Aula 314. 

- Para o alumnado de GALEGO 2: todos os xoves de 15:30 a 17:00. Aula 314.

Teredes toda a información no correo e na plataforma da Universidade, i-Campus, a medida que vos ides matriculando nas materias. En caso de que alguén non reciba a información, enviade un correo a: cegaparis@gmail.com co asunto CLASES DE GALEGO.

Para coñecer máis acerca de como será este curso, convídovos a ver esta presentación.

Bo comezo!

#engalego #aprendemosgalego

  • Share:

Tamén podes ver...

0 comentarios