Sesión de cine!

setembro 24, 2019


Hoxe, martes 24 de setembro, o Centro de Estudos Galegos de París organiza unha sesión de cinema.

Que veremos? 
A película O que arde (Viendra le feu), unha película realizada polo director de ascendencia galega Oliver Laxe.
Cal é a trama?  
O protagonista é Amador Coro, que estivo en prisión por provocar un incendio. Cando sae da prisión, regresa ó seu pobo, nas montañas, no máis profundo de Galicia, onde vive coa súa nai e tres vacas. Entre a natureza todo é tranquilo, mais o fogo aparece para terminar con esta tranquilidade...
Avance
Aquí podedes ver o avance da película: https://youtu.be/uvinDMFSIOs .
Onde? 
No cinema Les 3 Luxembourg, 67 Rue Monsieur le Prince, 75006, Paris.
A que hora?
Às 17:30. (Estaremos uns 10 minutos antes para mercar as entradas).

Vémonos!


  • Share:

Tamén podes ver...

0 comentarios